Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

RESPOSTA "RETO 16"

Imaxe
Trala noticia de que mañá temos a nosa primeira vídeochamada, deixá mosvos agora cunhas imaxes do traballo artístico dun dos nosos nenos! Moi bo traballo! O RESULTADO FINAL! Pero non todo iba ser traballar! Tamén houbo tempo para facer un pouco de karaoke e ir de festa con toda a familia! Así da gusto estar de corentena!!   A FAMILIA UNIDA, XAMAIS ESTARÁ ABURRIDA!

A NOSA PRIMEIRA VÍDEOCHAMADA

Imaxe
Hoxe traémosvos unha moi boa noticia! Mañá venres 1 de maio as 17h terá lugar a nosa primeira vídeochamada a través da Plataforma Jitsi!                    Esta é moi sinxela de empregar, simplemente teredes que clicar no enlace que vos pasaremos uns minutiños antes e listo! Podedes abrila dende o móvil ou dende o ordenador, como prefirades! Que emoción, ímonos ver as caras despois de tanto tempo confinados! RECORDADE: VENRES 1 DE MAIO AS 17.00

RETO 17

Imaxe
PROBA MENTE EN FORMA: “Autorretrato de obxectos” Bo día a tod@s! Hoxe imos poñer en marcha unha vez máis a nosa imaxinación! Para iso, teremos que facer un autorretrato da nosa cara con calquer obxecto que teñades na vosa casa. Podedes empregar lapis, pinzas, macarróns… o que queirades! Aquí vos deixo o meu para que vexades un exemplo! PROBA CORPO EN FORMA: “Equilibrámosnos” Para traballar o equilibrio propoñémosvos unha actividade moi sinxeliña. Teredes que poñeros de pé a pata coxa e comprobar canto aguantes sen apoiaros en nada ni en ninguén! Cando vos desequilibredes, deberedes probar coa outra perna. A ver con cal das dúas aguantades máis! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA! Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com) L

O DEPORTE DO DÍA É...

Imaxe
O CURLING É un deporte que se practica sobre unha estreita pista de xeo e que adopta os principios básicos dos bolos ou do lanzamento de ferraduras. Tradicionalmente enfróntanse dous equipos de 4 xogadores que deben lanzar 8 pedras de granito por rolda. O obxectivo é deixar as pedras o máis preto posible da diana do outro lado da pista. Despois de lanzar, os xogadores utilizan unha especie de escobas cuxo varrido serve para aumentar ou diminuír o rozamento da pedra co xeo. Tedes máis información aquí

RETO 16

PROBA MENTE EN FORMA: “Hoxe son…” Ola de novo! Que tal estades? Na proba de mente en forma de hoxe seremos deportistas! Para iso teredes que disfrazarvos do deporte que queirades, tenistas, nadadores, loitadores de sumo… O que máis vos guste! Para disfrazarvos podedes coller calqueira cousa que teñades pola casa e adaptala ó voso disfraz. Por exemplo, unha tixola para os/as tenistas ou unha escoba para facer unhas pesas etc. A ver a vosa orixinalidade! PROBA CORPO EN FORMA: “E soprou e soprou…” Para esta proba teredes que facer unha boliña de papel, poñela sobre a mesa e coller uns cantos libros ou cubertos ou o que teñades cerca que teña algo de peso. Con todas estas cousas teredes que construir un pequeno circuito enriba de mesa. Non vos compliquedes moito! Facede un con forma de S ou forma de U. A continuación, poñeredes a pelotiña de papel dende o principio do circuito, e, soprando, teredes que levala ata o final! Recorda! 1 foto por proba = 1 punt

CLASIFICACIÓN XERAL: XA PISAMOS A RÚA

Imaxe
Bo día a todos e todas! Despois da emoción de poder pisar a rúa dende fai moitos días, traémosvos outra cousa que tamén fainos moita ilusión, a vosa clasificación! Seguide así! Moitas grazas!

RETO 15

PROBA MENTE EN FORMA: “Recitamos un poema” Bo día! Como vos dixéramos, onte foi o día do Libro e polo tanto tráemosvos un pequeño poema sobre a lúa e o sol que gustaríanos que lérades, ou ben, que alguén da vosa familia vos lera. Podedes facer un debuxo despois de escoitalo. Incluso podedes gravarvos recitándoo! No ceo hai dous reinos ben separados, os seus monarcas están namorados. Falo da lúa, e falo do sol, sempre agochados tras do seu amor O sol sae cedo ha de madrugar cando chega a lúa tense que agochar. Dálle moita mágoa, tamén moita pena, non poder ver a lúa cando está chea. POEMA DE MARÍA CANOSA en Vagalume de versos PROBA CORPO EN FORMA: “Interpretamos o poema” Que vos parece se agora interpretamos o poema? Coa axuda dos vosos pais, nais e irmáns, podedes imaxinarvos que sodes a lúa e o sol, e cando un se levanta, o outro agóchase. Podedes interpretalo ocultándoos tras o sofá, usando lanternas, disfrazándoos… poñed

DÍA DO LIBRO

Imaxe
Hoxe é o día do libro, e como non podía ser doutra forma, deixámovos este  pequeno conto  para que lle botedes un ollo. Trata sobre a situación actual na que vivimos, o coronavirus. Como sabedes, a partir do domingo os nenos e nenas poderán saír a rúa a dar un paseo, iso sí, non máis dun quilómetro que vos coñezo! Esperamos que vos guste!

RETO 14

Imaxe
PROBA MENTE EN FORMA: “Mans limpas, mans debuxadas” Bo día a todos e todas! Como o levades? Para esta primeira actividade teredes que coller unha folla e lapis de colores. Poñendo a man (ben limpa) no folio, debuxaredes o seu contorno e despois xa podedes coloreala como querades! Se tedes pintura de dedos na casa podedes empregala! Aquí vos deixamos algunha idea! PROBA CORPO EN FORMA: “A culler transportadora” Para este xogo só nos fará falta unha culler e unha pelotiña de papel, nada máis! O que teredes que facer é coller unha culler para a sopa e colocala na boca, suxeitándola cos dentes. A continuación poñeredes a pelotiña enriba dela e teredes que recorrer o longo do corridor da vosa casa sen que se vos caia. So teredes tres intentos! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo d

RESPOSTA "RETO 13"

Bo día! Aquí vos deixamos un vídeo de Javier lavando a loza! Así da gusto, axudando nas tarefas do fogar! Moitas grazas!

ESTAMOS DE MESVERSARIO!

Imaxe
Onte  cumplimos un mes de "xaque o virus", un mes facendo retos, colaborando e pasándoo ben cada un dende a súa casa. Imos deixar por aquí un cómic para celebrar o ben que o estades facendo! Ánimo amigos e amigas, falta menos, moito menos!  Valoremos unha vez máis o bo traballo que están a facer os equipos sanitarios. Debuxo de Julio Zanfaño

RETO 13

Imaxe
PROBA MENTE EN FORMA: “Que non caia a torre” Ola! Como estades!? Imaxino que vos acordaredes de que no colexio xogabamos a “Jenga”, é dicir, o xogo onde tiñamos que ir quitando pezas sen que a torre se caera. Hoxe imos facer ó revés! Teredes que facer unha torre coas cousas que teñades por casa: rolos de papel hixiénico, libros etc. A ver quen fai a máis alta! PROBA CORPO EN FORMA: “A mover o cú" Como xa levamos moito tempo na casa, e a maioría dese tempo estamos sentados, que mellor maneira de movelo corpo que facendo unhas “sentadillas” reais! Imos levantarnos e sentarnos do sofá 5 veces! Arriba eses cús! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA! Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com) Lembra que se estás interesado en que

CLASIFICACIÓN XERAL DO PRIMEIRO MES

Imaxe
Boas a tod@s! Xa levamos un mes de retos e xogos! Como podedes ver estamos preto dos 20.000 puntos.  Moitas grazas polo voso traballo e dedicación! Ánimo!

RETO 12

PROBA MENTE EN FORMA: "Virus fóra" Hoxe propoñémosvos un experimento para que vexades a importancia de lavar as mans con xabrón. Para iso imos necesitar 3 ingredientes: auga, pementa e xabrón. Botaremos auga nun prato fondo, espolvorearemos a pementa por enriba e despois impregnaremos un dedo en xabrón. Cando toquemos a auga do prato, contaxiada con coronavirus (a pementa) o xabrón o alonxará. PROBA CORPO EN FORMA: "Estatuas" Aproveitando que pasamos moito tempo na casa, imos traballar a postura corporal! Faremos o seguinte, poñede un obxecto sobre a cabeza (deixamos que elixades o que queirades, un peluche, un coxín, e se sodes moi atrevidos... un libro!) tratando de que non se vos caia, non vale suxetalo coas mans!! Cando xa o teñades dominado, probade a quedaros quedos como estatuas en postura divertidas, a ver que fai a máis orixinal! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa

RETO 11

PROBA MENTE EN FORMA: “Debuxo abstracto” Bo día a todos e todas! Hoxe imos facer un debuxo moi particular. O primeiro paso será coller unha folla en branco e engurrala ata facer unha pelotiña. Cando xa a teñamos, volveremos a abrila e estirala o que podamos. O que teremos que facer é colorear as formiñas que quedaron das engurras do papel de diferentes cores. Veredes o bonito que vos queda! PROBA CORPO EN FORMA: “Flip rolo de papel hixiénico challenge” Para o reto de hoxe propoñémosvos facer o coñecido “flip bottle challenge” (lanzar unha botella de auga e que quede de pé), pero de xeito distinto. Aproveitando que estamos na casa de corentena, imos facelo cun rolo de papel hixiénico! A ver quen consegue poñelo máis veces de pé en dez intentos! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo

ÉRASE UNHA VEZ...

Imaxe
UN CAMPAMENTO NA CASA! Botades de menos ir de campamento? Tedes morriña deses días de verán nos que acampamos cos amigos e coas amigas? Ou pola contra nunca fuchedes pero tedes moitas ganas de probar o que se sinte? Hoxe traemos a solución! Atentos a estas propostas... 1.  Construir  unha tenda de campaña no salón ou noutro lugar da casa.  Por exemplo debaixo dunha mesa, con manteles, sabas, mantas... senón podemos poñer un cordón colgante dun lado a outro da habitación ou incluso con sillas. Podemos poñer debaixo alfombras, mantas ou ata un colchón. 2.  Decorar  a tenda. Con estrelas colgantes de cores, facer lúas, soles, árbores, debuxos, poñerlle nome a nosa tenda, un cartel co nome do noso equipo... 3. Destinar  rincóns : como por exemplo xuntar libros nun rincón e ler con lanternas, noutro xogos de cartas ou taboleiros con xogos de mesa, poñer unha radio como rincón de baile... 4. Facer  actividades  típicas de campamento: como durmir nun lugar diferente da casa (no salón,

RETO 10

Imaxe
PROBA MENTE EN FORMA: “Traballamos a cara” Que tal estades? Hoxe pedirémosvos que intentedes poñer con xestos da vosa cara diferentes emocións, por exemplo, alegría, tristeza, enfado, medo etc. Unha vez manexadas todas estas emocións é o turno de poñer caras feas! Para iso teredes que facer muecas coa cara, a ver quen a pon máis fea! PROBA CORPO EN FORMA: “Somos animais” Xa temos traballada a cara, é momento de traballar o corpo! Agora teredes que imitar algún animal, un can, un león, un mono… os que queirades! Iso sí, poñédevos a catro patas, saltade, todo o que faga falta para parecerse o máis posible! E non vos olvidedes de imitar o seu son! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA! Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com) Lembra

CLASIFICACIÓN XERAL TRAS 3 SEMANAS

Imaxe
Bo día! Aquí vos deixamos a clasificación xeral das tres primeiras semanas. Vemos que a Semana Santa non vos detivo!  Moitas grazas a todos os nenos e nenas dos coles, que isto non pare!

RESPOSTA "RETO 9"

Hoxe temos un vídeo troceando unha cebola! Todo un reto de motricidade fina para Javier! Moitas grazas e ben feito!

DÍA MUNDIAL DA ENFERMIDADE DE PÁRKINSON

Imaxe
"A menudo digo que ahora mismo yo no puedo elegir tener o no párkinson, pero alrededor de esa falta de opción hay un millón de elecciones que puedo tomar"  Michael J. Fox (enfermo de párkinson)

RETO 9

Imaxe
PROBA MENTE EN FORMA: ”Tour pola casa” Bo día a todos e todas! Como o levades? Fai días vos dixemos que contárades os pasos que había dende a porta de entrada na casa ata o punto máis lonxano dela, e que probárades con distintas habitacións. Hoxe, aproveitando que no reto anterior fixéstedes as tarefas do fogar, queremos que nos ensinedes a vosa casa como se fórades uns/unhas guías turísticos/as. Nos vos olvidedes de ninguna habitación! A ver quen o fai mellor! PROBA CORPO EN FORMA: “As películas” No día de hoxe deixámovos un xogo moi divertido e seguro que coñecido por vós: as películas! Consiste en que alguén da vosa familia ou vós mesmos teredes que pensar unha película e representala facendo xestos, ou tarareando a súa canción máis famosa. Quen adiviñe a pregunta gañará un punto e terá que pasar a imitar unha película que el/ela elixa. Queremos ver quen é o/a mellor actor/actriz! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 pu

RETO 8

PROBA MENTE EN FORMA: “Axudando na casa” Ola! Como estades? Hoxe traémosvos unha actividade que vai poñer moi contentos ós vosos pais! Como xa levamos moito tempo na casa, que mellor forma de pasalo que axudando nas tarefas do fogar! Por iso, vos pedimos que compartades con nós algunha fotografía ou vídeo poñendo a mesa, ou fregando a loza, en fin, calquera cousa que sirva para botar unha man! PROBA CORPO EN FORMA: “Señorita” Xa fai tempo que non nos vemos, acordádesvos da canción e do baile que estabamos a preparar para a actuación do Fórum? Esperamos que sí, pero por se acaso, deixámosvos o enlace a canción “Señorita” para que practiquedes os pasos de baile. A mover o corpo! https://www.youtube.com/watch?v=Pkh8UtuejGw Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA! E

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Imaxe
Como non podía ser doutra forma na situación de corentena na que nos atopamos, debemos resaltar o día de hoxe: O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE . Unha vez máis dende aquí, queremos dar as grazas a todo o persoal sanitario (especialmente neste día), sen olvidarnos tamén de todas aqueloutras persoas que están traballando e colaborando para facernos esta situación máis levadeira. GRAZAS!

ITINERARIOS VIRTUAIS

Imaxe
De seguro que xa estades cansos de ter que estar nas vosas casas pero aínda nos queda un pouquiño para poder vencer ao virus que nos está a rodear.... Alén disto vos animamos a que nos acompañedes nos nosos paseos virtuais polas rúas da nosa cidade e perdernos entre centos de curiosidades, anécdotas e descubrimentos apaixoantes. Que vos parece? Moitos de vos seguramente xa paseáchedes con nós e cos vosos profes outros anos... pero este ano o imos facer todos os nenos de todos os coles xuntos, porque xuntos o conseguiremos! Propoñémosvos que coñezades a nosa cidade e lla poidades ensinar de un xeito divertido e diferente as vosas familias. Vos animades? Recordade que nos podedes seguir no noso Facebook https://www.facebook.com/itinerarios.virtuales.39 Pincha na seguinte imaxe e que comece a viaxe!

RETO 7

PROBA MENTE EN FORMA: “Mariño´s Perruquería” Bo día! Que tal estades? Como sabedes, temos que permanecer na casa ata o 26 de abril…pero iso non é un problema! Xa empezamos a ter o cabelo longo así que imos aproveitar a ter unha sesión de perruquería! Probade novos looks e peinados creativos fronte ó espello, imos ver quen é o máis fashion! PROBA CORPO EN FORMA: “Mariño Clube de Baloncesto” Hoxe imos practicar un deporte coñecido por todos e todas, o baloncesto! Para iso, só temos que poner a papeleira ou o cubo da roupa sucia a un par de metros de nós. Teremos 5 intentos cada un para intentar meter 5 boliñas que fagamos de papel. A ver quen é o MVP do Mariño Clube de baloncesto! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA! Envíao ó noso correo de contacto (fapasma

CLASIFICACIÓN XERAL: SUMA E SEGUE!

Imaxe
Ola a todos e todas! Como veredes, a clasificación semanal segue aumentando os seus puntos ó igual que a vosa participación!  Moitas grazas de verdade!!

RETO 6

PROBA MENTE EN FORMA: ”Facemos un avión de papel” Bo día a tod@s! Que tal estades? Como o levades? Hoxe vos traemos unha actividade sinxeliña, facer un avión de papel! Para axudarvos, déixovos aquí un vídeo para que vexades como podemos facelo cunha folla e moi rápido. Por suposto, unha vez o fagades tedes que decoralo! Podedes poñerlle pegatinas, colorealo, pintalo etc. A ver esa creatividade! PROBA CORPO EN FORMA: “Proba a lanzalo!” Para esta segunda proba, so teredes que probar a lanzalo dende un punto da vosa casa onde teña espazo para voar. Xa veredes o ben que o fai! Podedes xogar cos vosos pais a ver quen o lanza máis lonxe! Sen facer trampas que vos coñezo! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA! Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino