RETO 17

PROBA MENTE EN FORMA: “Autorretrato de obxectos”

Bo día a tod@s! Hoxe imos poñer en marcha unha vez máis a nosa imaxinación! Para iso, teremos que facer un autorretrato da nosa cara con calquer obxecto que teñades na vosa casa. Podedes empregar lapis, pinzas, macarróns… o que queirades!

Aquí vos deixo o meu para que vexades un exemplo!




PROBA CORPO EN FORMA: “Equilibrámosnos”

Para traballar o equilibrio propoñémosvos unha actividade moi sinxeliña. Teredes que poñeros de pé a pata coxa e comprobar canto aguantes sen apoiaros en nada ni en ninguén!
Cando vos desequilibredes, deberedes probar coa outra perna.

A ver con cal das dúas aguantades máis!


Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: