Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

O vídeo da semana é...

Bo día a tod@s! Hoxe non hai reto, pero isto non para! Deixámosvos un enlace de Youtube para que vexades o coñecido corto "Cuerdas", sobre o valor da inclusión e a amizade. Paga a pena velo! https://www.youtube.com/watch?v=4INwx_tmTKw

CLASIFICACIÓN XERAL PRIMEIRA SEMANA: CAMIÑO DOS 5.000 PUNTOS

Imaxe
Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na súa consecución. Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 días.  Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus". A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.

RETO 4

Imaxe
PROBA MENTE EN FORMA: “Protexe o teu fogar” Bo día a tod@s! Hoxe imos facer unha nova manualidade, pero esta vez non imos decorar as ventás, imos protexer a casa! Para poder facelo temos que debuxar un escudo para que o coronavirus non entre no noso fogar. Podedes crealo vós dende cero, ou coller unha das plantillas que aquí vos deixamos. Moito ánimo, que somos todos uns superheroes! PROBA CORPO EN FORMA: “Pomba branca, pomba negra” Este é un xogo coñecido por todos vos seguro! Ademáis, xa o temos xogado no colexio tamén. Para os que non se lembren, o xogo consiste en que papá ou mamá está a “pandar” de espaldas a vos e cara a parede, e mentres di “pomba branca, pomba negra” tedes que irvos aproximando ata a parede onde están e dicir “CHOURIZO!” O problema é que se ven moverse a alguén, esa persoa ten que volver ó principio. Quen chegue primeiro gaña! Probade a cambiar de persoa e a facer figuras divertidas! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 víd

RETO 3

PROBA MENTE EN FORMA: “Adiviña adiviñanza” Bo día! Hoxe traémosvos unhas adiviñas para que averigüedes a resposta poñendo a vosa mente a traballar: Adiviña 1: “Son pequeno e blandiño e a miña casa levo sobre o meu lomiño, quen son?” Adiviña 2: “Cal é o insecto que máis tarda en quitarse os zapatos?” Adiviña 3: “Teño hipo ó decir meu nome, quen son?" Seguro que as acertades, facédenos un debuxo coas respostas! PROBA CORPO EN FORMA: “Que non caiga” Seguro que nas vosas casas tedes algunha pelota brandiña ou incluso algún globo! O que vos pedimos e que tratedes de dar toques con calquera parte do corpo sen que vos caiga. Os vosos pais e irmáns poden axudarvos! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA! Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmai

RESPOSTA "RETO 2"

Xa temos os primeiros resultados do esforzo que estades a facer!  Neste vídeo, vemos como a corentena non impide que fagades exercicio físico! Moitas grazas pola participación e polo vídeo! Noraboa!

RETO 2

Imaxe
PROBA MENTE EN FORMA: “Decora a túa casa” Despois de transmitir moito ánimo e forza a todo o mundo no primeiro reto, hoxe toca decorar a casa! Para iso propoñémosvos facer debuxos de corazóns, estrelas etc., para despois unilos todos cun fío de la o calquera cousa que teñades por casa e, coa axuda dos vosos pais, colgalos das ventás. Aquí deixámosvos algunhas imaxes que podedes empregar. Fagamos o edificio máis bonito! PROBA CORPO EN FORMA: “Coñecendo a miña casa” O outro día quentamos o corpo, polo tanto xa o temos listo para máis exercicio! Hoxe teremos que colocarnos na porta de casa (pero sen saír que vos coñezo!) e contar os pasos que hai dende alí ata a parede máis alonxada do voso piso/casa. Os nen@s en cadeiras de rodas faredes o mesmo pero en vez de contar os pasos, contaredes o tempo que vos leva chegar. Probade a facer o mesmo dende diferentes habitacións! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa

RETO 1

PROBA MENTE EN FORMA:  "A unión fai a forza" Este é un lema que debemos ter presente ó longo da nosa vida porque axudarános a gañar moitas batallas y cómo non, ésta non será menos. Pois empecemos por facer o noso lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible como algo que resulta obrigatorio para todos, nestos días e que nos une e fai fortes. ➜ O reto consiste en facer visible o lema #QuedateEnCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou da forma que se vos ocurra. Atréveste?? Doado non?? Pois adiante…. PROBA CORPO EN FORMA:  "Quecendo motores" Para mantenerse en forma hai que exercitarse na casa. Propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comenzar ben o día: · Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces · Exercicio 2: De pé e coas mans na cintura xirar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces. · Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos. · Exercicio

Xaque ó virus

Imaxe
Este xogo online preséntase coma unha alternativa á realización dos Programas de Ocio, ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou á permanencia nos domicilios durante 14 días, prorrogable algún tempo máis. Trátase dun sistema telemático no que se plantea a participación online dos nenos e nenas inscritos no Programa de Ocio (Deporte no Centro, Ocio Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: Xaque ó virus. O obxectivo é facilitar ferramentas de ocio alternativas, colaborando na tarea de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, aportando o noso gran de arena. O xogo consiste nun taboleiro virtual que contén 19 retos a superar, relacionados con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movement