RETO 2

PROBA MENTE EN FORMA: “Decora a túa casa”

Despois de transmitir moito ánimo e forza a todo o mundo no primeiro reto, hoxe toca decorar a casa!
Para iso propoñémosvos facer debuxos de corazóns, estrelas etc., para despois unilos todos cun fío de la o calquera cousa que teñades por casa e, coa axuda dos vosos pais, colgalos das ventás. Aquí deixámosvos algunhas imaxes que podedes empregar. Fagamos o edificio máis bonito!




PROBA CORPO EN FORMA: “Coñecendo a miña casa”

O outro día quentamos o corpo, polo tanto xa o temos listo para máis exercicio!
Hoxe teremos que colocarnos na porta de casa (pero sen saír que vos coñezo!) e contar os pasos que hai dende alí ata a parede máis alonxada do voso piso/casa.
Os nen@s en cadeiras de rodas faredes o mesmo pero en vez de contar os pasos, contaredes o tempo que vos leva chegar. Probade a facer o mesmo dende diferentes habitacións!

Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)