RETO 4

PROBA MENTE EN FORMA: “Protexe o teu fogar”

Bo día a tod@s! Hoxe imos facer unha nova manualidade, pero esta vez non imos decorar as ventás, imos protexer a casa!
Para poder facelo temos que debuxar un escudo para que o coronavirus non entre no noso fogar. Podedes crealo vós dende cero, ou coller unha das plantillas que aquí vos deixamos.
Moito ánimo, que somos todos uns superheroes!





PROBA CORPO EN FORMA: “Pomba branca, pomba negra”

Este é un xogo coñecido por todos vos seguro! Ademáis, xa o temos xogado no colexio tamén.
Para os que non se lembren, o xogo consiste en que papá ou mamá está a “pandar” de espaldas a vos e cara a parede, e mentres di “pomba branca, pomba negra” tedes que irvos aproximando ata a parede onde están e dicir “CHOURIZO!” O problema é que se ven moverse a alguén, esa persoa ten que volver ó principio. Quen chegue primeiro gaña!
Probade a cambiar de persoa e a facer figuras divertidas!


Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)