Xaque ó virus
Este xogo online preséntase coma unha alternativa á realización dos Programas de Ocio, ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou á permanencia nos domicilios durante 14 días, prorrogable algún tempo máis.
Trátase dun sistema telemático no que se plantea a participación online dos nenos e nenas inscritos no Programa de Ocio (Deporte no Centro, Ocio Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: Xaque ó virus.
O obxectivo é facilitar ferramentas de ocio alternativas, colaborando na tarea de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, aportando o noso gran de arena.
O xogo consiste nun taboleiro virtual que contén 19 retos a superar, relacionados con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movemento, ata os valores como a solidaridade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes nestes momentos que estamos a vivir.
A presentación dun novo reto farase cada luns, mércores e venres no seguinte blog:
fapasmariamarino.blogspot.com
Si ese reto se supera entre todos os nenos e nenas deste cole, concederánse unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ó coronavirus e vaise ir avanzando.
A clasificación do xogo coas puntuacións por centro, pondrase unha vez presentados os retos.
ATRÉVETE!
XUNTOS VENCEREMOS