RETO 7

PROBA MENTE EN FORMA: “Mariño´s Perruquería”

Bo día! Que tal estades? Como sabedes, temos que permanecer na casa ata o 26 de abril…pero iso non é un problema!
Xa empezamos a ter o cabelo longo así que imos aproveitar a ter unha sesión de perruquería!
Probade novos looks e peinados creativos fronte ó espello, imos ver quen é o máis fashion!


PROBA CORPO EN FORMA: “Mariño Clube de Baloncesto”

Hoxe imos practicar un deporte coñecido por todos e todas, o baloncesto!
Para iso, só temos que poner a papeleira ou o cubo da roupa sucia a un par de metros de nós. Teremos 5 intentos cada un para intentar meter 5 boliñas que fagamos de papel.
A ver quen é o MVP do Mariño Clube de baloncesto!


Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: