RETO 14

PROBA MENTE EN FORMA: “Mans limpas, mans debuxadas”

Bo día a todos e todas! Como o levades? Para esta primeira actividade teredes que coller unha folla e lapis de colores. Poñendo a man (ben limpa) no folio, debuxaredes o seu contorno e despois xa podedes coloreala como querades! Se tedes pintura de dedos na casa podedes empregala!

Aquí vos deixamos algunha idea!




PROBA CORPO EN FORMA: “A culler transportadora”

Para este xogo só nos fará falta unha culler e unha pelotiña de papel, nada máis! O que teredes que facer é coller unha culler para a sopa e colocala na boca, suxeitándola cos dentes. A continuación poñeredes a pelotiña enriba dela e teredes que recorrer o longo do corridor da vosa casa sen que se vos caia.

So teredes tres intentos!


Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: