RETO 6

PROBA MENTE EN FORMA: ”Facemos un avión de papel”

Bo día a tod@s! Que tal estades? Como o levades? Hoxe vos traemos unha actividade sinxeliña, facer un avión de papel! Para axudarvos, déixovos aquí un vídeo para que vexades como podemos facelo cunha folla e moi rápido.
Por suposto, unha vez o fagades tedes que decoralo! Podedes poñerlle pegatinas, colorealo, pintalo etc. A ver esa creatividade!




PROBA CORPO EN FORMA: “Proba a lanzalo!”

Para esta segunda proba, so teredes que probar a lanzalo dende un punto da vosa casa onde teña espazo para voar. Xa veredes o ben que o fai!
Podedes xogar cos vosos pais a ver quen o lanza máis lonxe! Sen facer trampas que vos coñezo!



Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: