ÉRASE UNHA VEZ...

UN CAMPAMENTO NA CASA!

Botades de menos ir de campamento? Tedes morriña deses días de verán nos que acampamos cos amigos e coas amigas? Ou pola contra nunca fuchedes pero tedes moitas ganas de probar o que se sinte?
Hoxe traemos a solución! Atentos a estas propostas...

1. Construir unha tenda de campaña no salón ou noutro lugar da casa. 
Por exemplo debaixo dunha mesa, con manteles, sabas, mantas... senón podemos poñer un cordón colgante dun lado a outro da habitación ou incluso con sillas.
Podemos poñer debaixo alfombras, mantas ou ata un colchón.

2. Decorar a tenda. Con estrelas colgantes de cores, facer lúas, soles, árbores, debuxos, poñerlle nome a nosa tenda, un cartel co nome do noso equipo...

3. Destinar rincóns: como por exemplo xuntar libros nun rincón e ler con lanternas, noutro xogos de cartas ou taboleiros con xogos de mesa, poñer unha radio como rincón de baile...

4. Facer actividades típicas de campamento: como durmir nun lugar diferente da casa (no salón, na cociña, no corredor), contar contos de medo coa lanterna, xogos de sombras, manualidades...


Deixade voar a imaxinación!

Campamento en casa: ideas maravillosas que tus pequeños amarán