RETO 16
PROBA
MENTE EN FORMA: “Hoxe son…”
Ola
de novo! Que tal estades? Na proba de mente en forma de hoxe seremos
deportistas! Para iso teredes que disfrazarvos do deporte que queirades,
tenistas, nadadores, loitadores de sumo… O que máis vos guste!
Para
disfrazarvos podedes coller calqueira cousa que teñades pola casa e adaptala ó
voso disfraz. Por exemplo, unha tixola para os/as tenistas ou unha escoba para
facer unhas pesas etc.
A
ver a vosa orixinalidade!
PROBA
CORPO EN FORMA: “E soprou e soprou…”
Para
esta proba teredes que facer unha boliña de papel, poñela sobre a mesa e coller
uns cantos libros ou cubertos ou o que teñades cerca que teña algo de peso. Con
todas estas cousas teredes que construir un pequeno circuito enriba de mesa.
Non vos compliquedes moito! Facede un con forma de S ou forma de U.
A
continuación, poñeredes a pelotiña de papel dende o principio do circuito, e,
soprando, teredes que levala ata o final!
Recorda!
1
foto por proba = 1 punto
1
vídeo por proba = 10 puntos
1
foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades =
1 punto EXTRA.
1
vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao
ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)
Lembra
que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir
a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo
mail da resposta: