RETO 12
PROBA
MENTE EN FORMA: "Virus fóra"
Hoxe
propoñémosvos un experimento para que vexades a importancia de lavar as mans
con xabrón. Para iso imos necesitar 3 ingredientes: auga, pementa e xabrón.
Botaremos
auga nun prato fondo, espolvorearemos a pementa por enriba e despois
impregnaremos un dedo en xabrón.
Cando
toquemos a auga do prato, contaxiada con coronavirus (a pementa) o xabrón o alonxará.
PROBA
CORPO EN FORMA: "Estatuas"
Aproveitando
que pasamos moito tempo na casa, imos traballar a postura corporal!
Faremos
o seguinte, poñede un obxecto sobre a cabeza (deixamos que elixades o que
queirades, un peluche, un coxín, e se sodes moi atrevidos... un libro!) tratando
de que non se vos caia, non vale suxetalo coas mans!!
Cando
xa o teñades dominado, probade a quedaros quedos como estatuas en postura
divertidas, a ver que fai a máis orixinal!
Recorda!
1
foto por proba = 1 punto
1
vídeo por proba = 10 puntos
1
foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades =
1 punto EXTRA.
1
vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao
ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)
Lembra
que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir
a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo
mail da resposta: