RETO 9

PROBA MENTE EN FORMA: ”Tour pola casa”

Bo día a todos e todas! Como o levades?
Fai días vos dixemos que contárades os pasos que había dende a porta de entrada na casa ata o punto máis lonxano dela, e que probárades con distintas habitacións. Hoxe, aproveitando que no reto anterior fixéstedes as tarefas do fogar, queremos que nos ensinedes a vosa casa como se fórades uns/unhas guías turísticos/as.

Nos vos olvidedes de ninguna habitación! A ver quen o fai mellor!



PROBA CORPO EN FORMA: “As películas”

No día de hoxe deixámovos un xogo moi divertido e seguro que coñecido por vós: as películas!
Consiste en que alguén da vosa familia ou vós mesmos teredes que pensar unha película e representala facendo xestos, ou tarareando a súa canción máis famosa. Quen adiviñe a pregunta gañará un punto e terá que pasar a imitar unha película que el/ela elixa.

Queremos ver quen é o/a mellor actor/actriz!



Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: