RETO 15

PROBA MENTE EN FORMA: “Recitamos un poema”

Bo día! Como vos dixéramos, onte foi o día do Libro e polo tanto tráemosvos un pequeño poema sobre a lúa e o sol que gustaríanos que lérades, ou ben, que alguén da vosa familia vos lera.
Podedes facer un debuxo despois de escoitalo. Incluso podedes gravarvos recitándoo!

No ceo hai dous reinos
ben separados,
os seus monarcas
están namorados.

Falo da lúa,
e falo do sol,
sempre agochados
tras do seu amor

O sol sae cedo
ha de madrugar
cando chega a lúa
tense que agochar.

Dálle moita mágoa,
tamén moita pena,
non poder ver a lúa
cando está chea.

POEMA DE MARÍA CANOSA en Vagalume de versos



PROBA CORPO EN FORMA: “Interpretamos o poema”

Que vos parece se agora interpretamos o poema? Coa axuda dos vosos pais, nais e irmáns, podedes imaxinarvos que sodes a lúa e o sol, e cando un se levanta, o outro agóchase.
Podedes interpretalo ocultándoos tras o sofá, usando lanternas, disfrazándoos… poñede en marcha a vosa creatividade!

Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: