RETO 11

PROBA MENTE EN FORMA: “Debuxo abstracto”

Bo día a todos e todas! Hoxe imos facer un debuxo moi particular. O primeiro paso será coller unha folla en branco e engurrala ata facer unha pelotiña.
Cando xa a teñamos, volveremos a abrila e estirala o que podamos. O que teremos que facer é colorear as formiñas que quedaron das engurras do papel de diferentes cores.

Veredes o bonito que vos queda!


PROBA CORPO EN FORMA: “Flip rolo de papel hixiénico challenge”

Para o reto de hoxe propoñémosvos facer o coñecido “flip bottle challenge” (lanzar unha botella de auga e que quede de pé), pero de xeito distinto. Aproveitando que estamos na casa de corentena, imos facelo cun rolo de papel hixiénico!

A ver quen consegue poñelo máis veces de pé en dez intentos!



Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: