Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2020

RETO 30

AGORA TÓCANOS A NÓS! Con moita pena decimos adiós, pero cheos de agradecemento. Fostes todos moi amables, traballadores, alegres, comprometidos...  Conseguistedes cumprir con todos os obxectivos propostos, alegrándonos a corentena aos que estamos alén da pantalla. E despois de 10 semanas xa é hora de cambiar os papeis, hoxe o reto... facémolo nós!! Os días 1, 2 e 3 de xuño poderedes ir recoller o diploma de agradecemento no Fórum en horario de 16 a 18 horas. Unha vez máis, grazas! E cerramos esta etapa pero abrimos outra, neste caso damos paso a  "Con Cilia Verán 2020" , a diversión pode seguir! so tedes que apuntarvos: https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/noticias/noticia/con-cilia-no-cole-o-programa-de-conciliacion-no-veran-da-federacion-de-anpas-de-centros-publicos-da/suceso/1453733101698 Esperamos vervos pronto, mentres gozade do verán, en setembro volveremos con máis ganas... se é posible!

RESPOSTAS RETO 28

Hoxe comezamos o día con vídeos para todos os gustos! Alá vamos! O primeiro deles é o vídeo de Pablo, que aproveitou estes días de bo tempo para pasear pola praia! Que envexa! Agora vos deixamos con Marcos, quen fixo estupendamente o reto 28 de adiviñar polo tacto, noraboa! Por útlimo, temos a Tomás que tamén aproveitou o sol para ir andar en bici coa súa familia. Moi ben Indurain!

RETO 29

PROBA MENTE EN FORMA: “Biscoito de iogur” Bo día! Hoxe traémosvos o noso último reto! E como non podía ser doutra forma sendo mércores, é unha receita de cociña! Neste caso é un biscoito de iogur! No seguinte vídeo veredes os pasos a seguir e con ingredientes moi comúns. Queremos ver o rica que vos queda! PROBA CORPO EN FORMA: “A culler transportadora” Para este xogo só nos fará falta unha culler e unha pelotiña de papel, nada máis! O que teredes que facer é coller unha culler para a sopa e colocala na boca, suxeitándola cos dentes. A continuación poñeredes a pelotiña enriba dela e teredes que recorrer o longo do corridor da vosa casa sen que se vos caia. So teredes tres intentos! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA! Envíao ó noso correo de contac

QUINTA E ÚLTIMA VÍDEOCHAMADA

Imaxe
Boas tardes amig@s!  Como estades? Hoxe martes queremos recordarvos que mañán imos facer a nosa última vídeochamada! Queremos veros as caras e despedirnos do que foron case tres meses de retos e vídeos. Cantos máis sexamos mellor! Así podemos poñernos ó día e coñecer os vosos plans para os vindeiros días e para o verán! O día e a hora será o MÉRCORES as 17.00. Volveremos a empregar a  aplicación JITSI . Recordade que se vos conectades dende o móvil, precisaredes descargala app; dende o ordenador non fai falta. ESPERAMOS VERVOS A TODOS!

RETO 28

PROBA MENTE EN FORMA: “Adiviñando polo tacto” Bo día! Que tal andades? Xa queda pouco para rematar o Xaque ó virus! De momento, imos plantexarvos outro reto máis. Neste caso, coa axuda dos vosos pais, xogaremos a adiviñar obxectos polo tacto. Como? Moi fácil, voso pai/nai/irmáns, terán que poñer nunha bolsa de plástico (onde non se vexa o contido), obxectos que sexan familiares para vós, xoguetes, froitas etc. Unha vez os teñan, teredes que meter a man na bolsa e tentar de adiviñar tocándoo o que é. A ver cantos conseguides acertar! PROBA CORPO EN FORMA: “Canción do pirata” Para mover un pouco o corpo, deixámosvos coa canción do Pirata para que traballedes a vosa mobilidade articular! Cada un o que poida, ánimo! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!

CLASIFICACIÓN XERAL: CASE, CASE!

Imaxe
Unha semana máis, como cada luns, deixámosvos coa clasificación. Estamos a piques de chegar os 40.000 puntos! O lograremos?  Ánimo!

RESPOSTA RETO 27

Imaxe
Comezamos o día de hoxe publicando a resposta ó reto do venres pasado. Vemos como Marcos e a súa nai están a facer o colar de macarróns! Ben feito! Este foi o resultado!

XOGO EN CASA 2

Imaxe
ÚLTIMA SEMANA, ÚLTIMAS CLASES!!! CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE. MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DESTAS SESIÓNS. ESTE É O CALENDARIO DA VINDEIRA SEMANA RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE.  ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

RETO 27

Imaxe
PROBA MENTE EN FORMA: “Obradoiro de bisutería” Bo día a tod@s! Hoxe imos converter o Blog nun obradoiro de bisutería. Para iso imos facer colares de macarróns! É algo moi sinxelo, simplemente tedes que coller uns poucos macarróns (sin cocer, que vos coñecemos!) e pasar un fío polo oco do medio e, cando teñades o tamaño xusto para o voso pescozo, só teríades que atalo e listo! Pero non imos quedarnos só niso, senon sería un pouco soso. Teredes que corear os macarróns con rotuladores, pintura de dedos ou mesmo acuarelas se tedes na casa! Ánimo, a ver como vos quedan! PROBA CORPO EN FORMA: “Somos nadadores” Para facer un pouco de exercicio imos traballar os brazos, tan importantes para os nadadores! Para iso imos mover os dous brazos á vez hacia diante, como se nadaramos a bolboreta ou se fósemos muíños de vento, así 10 veces. Despois faremos o mesmo mais cara atrás, nadando de espaldas, otras 10 veces. Podedes probar tamén a movelos ombros antes de facer o

RESPOSTA RETO 26

Imaxe
Xa estamos aquí! Hoxe deixámosvos un vídeo de Marcos facendo a pizza no microondas, tal e como dicíamos no reto 26, noraboa! Velaquí tedes o resultado, que boa pinta!

RETO 26

Imaxe
PROBA MENTE EN FORMA: “Cociñeiros unha vez máis” Ola de novo! Un mércores máis imos deixarvos cunha receita de cociña das que tanto vos gustan! Ingredientes sinxelos e dous minutiños de microondas, que máis se pode pedir! Esta vez é unha receita salgada, esperemos que vos guste! Aquí vos vai ó vídeo! PROBA CORPO EN FORMA: “Hóckey” Esta vez, para mover algo o corpo imos lanzar uns penaltis de hockey! Para iso só faranos falta un paraugas ou unha escoba, que seguro que teredes por casa, unha pelotiña o unha bola de papel engurrado e algo para colocar de portería no chan (uns libros ou zapatos). Teredes tres intentos para meter gol dende un par de metros de distancia. Esperamos que non vos olvidárades do que aprendimos no colexio! Moito ánimo! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou du

RESPOSTA RETO

Bo día! Hoxe vos deixamos con Marcos e a súa curmá xogando o catro en raia. Tedes que ver o vídeo ata o final para ver quen gaña! SEGUIDE ASÍ! 😀

CUARTA VÍDEOCHAMADA

Imaxe
Boas tardes! Como andades? Hoxe luns queremos recordarvos que mañá imos facer a nosa cuarta vídeochamada! Cantos máis sexamos mellor, xa o sabedes! Así podemos poñernos ó día para saber qué tal o estades a levar, que vos parecen os retos e mailos plans para os vindeiros días, que estase a acabar o Xaque ó virus! O MARTES as 17.00. Volveremos a empregar a  aplicación JITSI . Recordade que se vos conectades dende o móvil, precisaredes descargala app; dende o ordenador non fai falta. ESPERAMOS VERVOS A TODOS!

XOGO EN CASA

Imaxe
CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE. VOS PROPOÑEMOS UNHAS ACTIVIDADES DIVERTIDAS PARA FACER EN CASA. AHÍ VAI O CALENDARIO PARA ESTA SEMANA. RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE.  ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

RETO 25

Imaxe
PROBA MENTE EN FORMA: “O meu xoguete favorito” Aquí estamos de novo para anunciarvos a proba de hoxe. Queremos que nos ensinedes o voso xoguete favorito que teñades por casa. Podedes facelo xogando con él ou mandándonos unha foto! Pero non podemos esquecer que onte foi o día das Letras Galegas! Polo tanto, tamén vos pedimos que nos ensinedes o voso conto preferido! PROBA CORPO EN FORMA: “Petanca” Para manter o corpo en forma imos xogar a petanca! Seguro que tod@s o coñecedes! Como? Moi sinxelo. As nosas bolas serán os calcetíns dobrados despois de lavados (non sexades porquiños). Comezaremos lanzando o par de calcetíns que teñades máis visible para que faga de bola á que tedes que aproximarvos cos demáis. A ver que deixa a bola máis preto deles! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da casa ou d

CLASIFICACIÓN XERAL: UN ÚLTIMO ESFORZO!

Imaxe
Bo día de novo a tod@s! Poñémosvos aquí a clasificación xeral da semana 8. Estamos preto de finalizar o Xaque ó virus, un último esforzo!

RESPOSTAS RETOS

Imaxe
Ola! Hoxe vos deixamos por aquí varios vídeos dos retos que fixéstedes estes días! Traballástedes un montón, moitas grazas! RETOS DE JAVI RETOS DE ALBA Tamén traemosvos un vídeo de David e os seus irmáns, respondendo o reto 21! E por último (hoxe vimos cargadiños) deixámosvos un vídeo de Marcos facendo manualidades coa súa curmá! Este é o resultado final! NORABOA, SEGUIDE ASÍ!

RESPOSTAS

Imaxe
Bo día! Como andades?  Hoxe traémosvos uns vídeos e fotos moi artísticos, pero sen olvidarnos tampouco do exercicio físico, xa o veredes! Comezamos con David , que cos seus irmáns pintou unhas conchas moi bonitas, mais tamén cociñou! Agora é o turno de Marcos , quen fixo un cartel coa axuda da súa prima, moi ben! Alba e a súa irmá aproveitaron para facer uns pases de balón no corredor da súa casa, calquer lugar é bo para xogar! E por último pero non menos importante, deixámosvos con Pablo , o cal optou por mover un pouco o corpo e facer exercicio, camiñando pola praia e na bici estática!

RETO 24

Imaxe
PROBA MENTE EN FORMA: “Instrumentos caseiros” Ola de novo! Que vos parece se nos animamos un pouco facendo algo de música? Para iso propoñémosvos facer unhas maracas caseiras! O que necesitaremos é moi sinxelo: unha botella de auga de medio litro, un pouco de arroz ou lentellas e logo cartulinas, follas de colores, pinceis, pintura de dedos, en fin, calquera cousa que teñades na casa para decorar as maracas! O que teremos que facer é, coa botella ben seca, meter uns poucos grans de arroz que cubran algo menos dun cuarto da botella. Despois pecharémosla e xa teremos o “son”. A continuación, ven a parte máis creativa, a de decorála! Podedes pegarlle papel debuxado ó redor, pintala directamente, etc… A ver a vosa imaxinación! PROBA CORPO EN FORMA: “Investigamos na casa” Para movelo corpo un pouco queremos que fagades de investigadores. Imos pedirvos que atopedes unha serie de cousas na vosa casa: -       Un obxecto ou algo que faga ruido -       Algo

RESPOSTA RETOS

Imaxe
Ola a tod@s! Hoxe comezamos o día publicando as vosas respostas a varios retos! Reto 7 "Mariño`s perruquería" Aquí temos un peinado fresco e orixinal para o verán que está a chegar, ben feito Javier! Reto 8 "Axudando na casa" Déixovos un vídeo onde David non dubida en axudar coas tarefas da casa, así da gusto! Reto 22 "Mete gol ó virus" Unha vez máis, os nosos nenos xogan ó fútbol, van para cracks! Reto 23 "Batemos o estómago" Neste vídeo volvemos ver a Javier preparando uns estupendos batidos de plátano e fresas, que boa pinta! MOITAS GRAZAS A TODOS, SEGUIDE ASÍ!

TERCEIRA VÍDEOCHAMADA

Imaxe
Boas tardes amigos! Como estades? Un xoves máis queremos recordarvos que mañán imos facer unha videochamada. Queremos recuperar o tempo perdido e vernos as caras, cantos máis sexamos mellor, xa o sabedes! Así podemos poñernos ó día para saber qué tal o estades a levar, que vos parecen os retos e mailos plans para os vindeiros días. O día e a hora será a mesma, o VENRES as 17.00. Volveremos a empregar a aplicación JITSI . Recordade que se vos conectades dende o móvil, precisaredes descargala app; dende o ordenador non fai falta. ESPERAMOS VERVOS A TODOS!

RETO 23

PROBA MENTE EN FORMA: “Batemos o estómago” Bo día! Tralo éxito da última receita de repostería da semana pasada, hoxe vos traemos outra moi sinxeliña! Imos facer batidos! Aquí vos deixamos dous vídeos de exemplo para que escollades o que queirades. Batido de chocolate: Batido de plátano: Se vos gusta outro sabor ou outra froita, como xa sabedes os pasos, non dubidedes en experimentar! Queremos ver os vosos batidos, fáisenos a boca auga! PROBA CORPO EN FORMA: “Recordade a canción” Para mover un pouco o corpo, imos poñervos o vídeo dunha canción que seguro que coñeceredes…nola ensinou Patri! Acordádesvos dela? A moza que viña coa guitarra e os instrumentos e ensinábanos un montón de cousas musicais! Pois nada máis que dicir, a bailar e a cantar! Recorda! 1 foto por proba = 1 punto 1 vídeo por proba = 10 puntos 1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA. 1 vídeo doutra persoa da

RESPOSTA RETO 22

Hoxe comezamos o día deixándovos dous novos vídeos! No primeiro vese a Tomás xogando ó fútbol co seu irmán...canta calidade! Se o Depor fixárase nel, mellor nos iría... Neste segundo vídeo, vemos como Marcos pasea pola rúa a toda velocidade, que manexo!

HOXE FALAMOS DO...

Imaxe
TANGRAM O Tangram ou xogo de formas chinés, é un xogo moi antigo que estimula a creatividade. Con el pódense construir infinidade de figuras. En chinés recibe o nome de táboa da sabedoría ou táboa dos sete elementos. Como o seu nome indica, consta de sete figuras chamadas Tans: un cadrado, un paralelogramo e cinco triángulos (dous grandes, dous pequenos e un mediano). É pois, un quebracabezas. As súas regras son moi simples: con ditos elementos, nin un máis nin un menos, débense construir figuras. As pezas deben tocarse pero non superpoñerse.