RETO 24

PROBA MENTE EN FORMA: “Instrumentos caseiros”

Ola de novo! Que vos parece se nos animamos un pouco facendo algo de música? Para iso propoñémosvos facer unhas maracas caseiras!

O que necesitaremos é moi sinxelo: unha botella de auga de medio litro, un pouco de arroz ou lentellas e logo cartulinas, follas de colores, pinceis, pintura de dedos, en fin, calquera cousa que teñades na casa para decorar as maracas!

O que teremos que facer é, coa botella ben seca, meter uns poucos grans de arroz que cubran algo menos dun cuarto da botella. Despois pecharémosla e xa teremos o “son”. A continuación, ven a parte máis creativa, a de decorála! Podedes pegarlle papel debuxado ó redor, pintala directamente, etc…

A ver a vosa imaxinación!




PROBA CORPO EN FORMA: “Investigamos na casa”

Para movelo corpo un pouco queremos que fagades de investigadores. Imos pedirvos que atopedes unha serie de cousas na vosa casa:

  1. -      Un obxecto ou algo que faga ruido
  2. -      Algo que vos guste moito comer
  3. -      Algo de cor rosa
  4. -      O que máis usedes da vosa casa
  5. -      Algo que cheire ben
  6. -      O máis grande/pequeno que teñades na casa





Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: