RETO 29

PROBA MENTE EN FORMA: “Biscoito de iogur”

Bo día! Hoxe traémosvos o noso último reto! E como non podía ser doutra forma sendo mércores, é unha receita de cociña! Neste caso é un biscoito de iogur! No seguinte vídeo veredes os pasos a seguir e con ingredientes moi comúns.

Queremos ver o rica que vos queda!




PROBA CORPO EN FORMA: “A culler transportadora”

Para este xogo só nos fará falta unha culler e unha pelotiña de papel, nada máis! O que teredes que facer é coller unha culler para a sopa e colocala na boca, suxeitándola cos dentes. A continuación poñeredes a pelotiña enriba dela e teredes que recorrer o longo do corridor da vosa casa sen que se vos caia.

So teredes tres intentos!



Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: