RETO 25

PROBA MENTE EN FORMA: “O meu xoguete favorito”

Aquí estamos de novo para anunciarvos a proba de hoxe. Queremos que nos ensinedes o voso xoguete favorito que teñades por casa. Podedes facelo xogando con él ou mandándonos unha foto!

Pero non podemos esquecer que onte foi o día das Letras Galegas! Polo tanto, tamén vos pedimos que nos ensinedes o voso conto preferido!


PROBA CORPO EN FORMA: “Petanca”

Para manter o corpo en forma imos xogar a petanca! Seguro que tod@s o coñecedes! Como? Moi sinxelo. As nosas bolas serán os calcetíns dobrados despois de lavados (non sexades porquiños).

Comezaremos lanzando o par de calcetíns que teñades máis visible para que faga de bola á que tedes que aproximarvos cos demáis.

A ver que deixa a bola máis preto deles!




Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)


Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: