RETO 30

AGORA TÓCANOS A NÓS!

Con moita pena decimos adiós, pero cheos de agradecemento.

Fostes todos moi amables, traballadores, alegres, comprometidos... 

Conseguistedes cumprir con todos os obxectivos propostos, alegrándonos a corentena aos que estamos alén da pantalla.

E despois de 10 semanas xa é hora de cambiar os papeis, hoxe o reto... facémolo nós!!


Os días 1, 2 e 3 de xuño poderedes ir recoller o diploma de agradecemento no Fórum en horario de 16 a 18 horas. Unha vez máis, grazas!

E cerramos esta etapa pero abrimos outra, neste caso damos paso a "Con Cilia Verán 2020", a diversión pode seguir! so tedes que apuntarvos:
https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/noticias/noticia/con-cilia-no-cole-o-programa-de-conciliacion-no-veran-da-federacion-de-anpas-de-centros-publicos-da/suceso/1453733101698


Esperamos vervos pronto, mentres gozade do verán, en setembro volveremos con máis ganas... se é posible!

Comentarios