Este xogo online preséntase coma unha alternativa á realización dos Programas de Ocio, ante a realidade que estamos a vivir coa propagación do virus Covid-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou á permanencia nos domicilios durante 14 días, prorrogable algún tempo máis. Trátase dun sistema telemático no que se plantea a participación online dos nenos e nenas inscritos no Programa de Ocio (Deporte no Centro, Ocio Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: Xaque ó virus. O obxectivo é facilitar ferramentas de ocio alternativas, colaborando na tarea de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, aportando o noso gran de arena. O xogo consiste nun taboleiro virtual que contén 19 retos a superar, relacionados con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, as matemáticas, a investigación, a música, o movement