CLASIFICACIÓN FINAL: ATA PRONTO!

O xogo "Xaque ó virus" chega ao seu final acadando case 40.000 antivirus obtidos polos 27 centros participantes tras 10 semanas de xogo.

Un total de 5.521 respostas aos retos propostos (máis de 500 por semana),  xunto coas máis de 700 participantes en sesións on-line, fixeron posible acadar 39.286 puntos.

O noso colexio conseguiu 918 puntos/antivirus, acadando a 12º posición, algo que non está nada mal, mais o realmente importante foi a vosa participación e o voso espírito de querer pasalo ben nestes case tres meses de xogo.

Esta é a táboa final de todos os centros participantes:



Só nos queda agradecer unhaa vez máis a participación de todas as familias e a colaboración desinteresada de músicos, actrices, escritores e demáis personalidades do mundo da cultura que animastes a participar aos nenos e nenas dos diferentes colexios da cidade.

Grazas e moito ánimo!!!

Comentarios