RETO 21

PROBA MENTE EN FORMA: “Micrófono de artista”

Bo día! Hoxe pedímosvos que entonedes unhas cancións! Para iso, teredes que fabricar o voso propio micrófono!
Precisaremos o cartón dun rolo de papel hixiénico, unha bola de papel engurrado ou papel de aluminio feito unha boliña, cores e celo.

O primeiro que teredes que facer é colorear o cartón do papel hixiénico como queirades. A continuación, podedes facelo mesmo coa folla que logo engurraredes ou senon, directamente co papel de aluminio. Dádevos conta de que a boliña ten que ser máis grande que o propio burato do rolo para que non se caia!
Por último, apoiaremos a bola de papel enriba do rolo e poñémoslle celo dun lado ao outro, facendo unha cruz. 

Xa estaríamos listos para cantar!

Vos deixamos aquí un vídeo para que vexades o proceso.




PROBA CORPO EN FORMA: “TaraBailaoke”

Feito o micrófono, teredes que pedirlles ós vosos pais unha canción que vos guste e coñezades. Cando vola poña, teredes que tratar de cantala, e se non vos acordades dalgún trociño, podedes tarareala!
Imos ver que bos cantantes sodes!

Para completar a actuación, sería estupendo que a maiores de cantar/tararear, desmelenédesvos e arrinquedes a bailar!
Podedes completar a vosa “coreografía” cos vosos pais ou irmáns!
A ver esas cadeiras na pista de baile!



Recorda!
1 foto por proba = 1 punto
1 vídeo por proba = 10 puntos

1 foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades = 1 punto EXTRA.
1 vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)

Lembra que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo mail da resposta: