RETO 18
PROBA
MENTE EN FORMA: “Adiviña as cancións”
Ola
a todos e todas! Neste reto traballaremos a mente e tamén o oído! Para iso
xogaremos a adiviñar as cancións. Para poder levalo a cabo necesitamos a axuda
dos vosos pais. Eles serán quenes escollan a música que queren que adiviñedes
(sabendo as que coñeces e vos gustan).
Conseguiredes
pasalo reto se dicides o nome da canción, a tarareades ou se incluso a cantades!
Imos
ver quen/es teñen bo oído musical!
PROBA
CORPO EN FORMA: “Frío-quente”
Para
movernos un pouco pola casa, xogaremos ó coñecido xogo “frío ou quente”. Este
consiste en que vosos pais ou irmáns, teñen que agochar algo na vosa casa sen
que o vexades.
Cando
xa o teñan agochado teredes que ir buscalo seguindo as súas pistas. É dicir, se
vos din frío é que estades moi lonxe de atopalo, se polo contrario vos din
quente é que estades moi preto.
Cando
xa o teñades podedes cambiarvos os papeis e escondelo vós para que eles o
encontren.
A
ver quen tarda menos tempo!
Recorda!
1
foto por proba = 1 punto
1
vídeo por proba = 10 puntos
1
foto doutra persoa da casa ou dun amigo do cole que non esté nas actividades =
1 punto EXTRA.
1
vídeo doutra persoa da casa ou dun amigo do cole = 10 puntos EXTRA!
Envíao
ó noso correo de contacto (fapasmariamarino@gmail.com)
Lembra
que se estás interesado en que se publique a resposta do teu reto, debes cubrir
a seguinte autorización de imaxe na seguinte ligazón ou autorizarnos no mesmo
mail da resposta: